miércoles, 23 de enero de 2008

Infográfico ben feito

Este é un exemplo dun infográfico moi ben pensado. Foi feito para a Copa América do ano pasado que se celebrou en Venezuela. Que a mascota do encontro apareza en grande dálle vistosidade ó infográfico. A información está moi ben ordeada. Nun mapa sitúan os estadios nos que se van xogar os encontros clasificándoos segundo sexan novos ou estén remodelados. Logo aparecen os debuxuos dos estadios con algunha información como o aforo.
Tamén aparece o balón coas súas características e unha táboa sinxela cos equipos participantes.
Está ben pensado porque é moi sinxelo de comprender pero da toda a información necesaria. Ademais encaixa ben o debuxo e o texto.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O problema quizáis da ilustración da mascota é que ocupa todo o protagonismo fronte á información sustancial. Chama a atención, pero tamén oculta os outros datos, convertíndoos en accesorios.
mol