viernes, 15 de febrero de 2008

Fin da viaxe infográfica.

Este é o último artigo que vamos publicar na bitácora xa que rematou o cuadrimestre e con el a asignatura de infografía. Queremos dar as grazas a todos os que entrastes e comentastes os infográficos.
Queremos mandar un saúdo a Javier Zarracina, infógrafo que foi tan amable de deixarnos un comentario no blog, xa que puxemos un dos seus infográficos como exemplo.

Moitas grazas a todos.

Ata sempre

martes, 5 de febrero de 2008

Infográfico mal pensado

Creo que este infográfico tiña boa intención, mais creo que resulta un pouco confuso de mais. Está saturado de información. Hai demasiados símbolos repartidos por todo o mapa, e ó lado de cada símbolo ten moita información. Case se mestura o dun símbolo con outro, unha zona con outra. Ademais tamén se mesturan os nomes dos países e puntos xeográficos coa información de posicións do exército que se quere dar.
É unha información completa, porén resulta moi difícil de seguir. Tes que fixar moi ben a vista para ler o texto.

Non sei que opinades

jueves, 24 de enero de 2008

Infográfico ben feito


Este infográfico es sobre la Expo de Zaragoza. En él se ve un plano de lo que será todo el recinto. Está bien hecho porque al lado aparecen los pavellones más importantes, con sus fotografías y explicando la función de cada uno. Se da información de lo que el visitante se puede encontrar en esta megaexposición.
La imagen y el texto se conjugan perfectamente.

miércoles, 23 de enero de 2008

Ben feito

Este infográfico é sobre o Canal de Panamá e creo que está ben feito porque explica de xeito sinxelo como funciona o sistema de comportas. Trae moita información, pero está colocada dun xeito ordeado, así que non da a sensación de saturación de información.
Ademais de explicar o funcionamento das comportas explica a dificultade dos barcos para pasar según as súas medidas.

Mal pensado


Creo que este infográfico está mal pensado porque hay unha gran saturación de información e faise lioso pola cantidade de frechas que saen dunha parte do globo á outra. As táboas sinxelas cos datos dos xogadores e as estatísticas están ben, porén, o simple feito de ter tantas frechas crea unha sensación de desorde e confusión.
Creo que o autor podía facelo dalgún outro xeito sen dar esa sensación de caos.

Infográfico ben feito

Este é un exemplo dun infográfico moi ben pensado. Foi feito para a Copa América do ano pasado que se celebrou en Venezuela. Que a mascota do encontro apareza en grande dálle vistosidade ó infográfico. A información está moi ben ordeada. Nun mapa sitúan os estadios nos que se van xogar os encontros clasificándoos segundo sexan novos ou estén remodelados. Logo aparecen os debuxuos dos estadios con algunha información como o aforo.
Tamén aparece o balón coas súas características e unha táboa sinxela cos equipos participantes.
Está ben pensado porque é moi sinxelo de comprender pero da toda a información necesaria. Ademais encaixa ben o debuxo e o texto.

miércoles, 16 de enero de 2008

Respondendo ós comentarios do último artigo

Despois de ler os vosos comentarios chego á conclusión de que este infográfico chama moito a atención polo seu debuxo, e presenta demasiada información, porén creo que aínda que quizáis podería reducirse a cantidade, está tan ben presentada e é sinxela a súa lectura.