lunes, 26 de noviembre de 2007

ALBERTO CAIRO

Gráficos preferidos de Alberto Cairo

Nesta páxina podense atopar infográficos moi completos. Entre eles destaca un do corpo humano publicado en El Mundo, é moi completo e realizado a partir de distintos infográficos. É como un puzzle.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Lembrade que o martes día 11 non hai clase. que o grupo de prácticas do martes incorporase ao grupo do xoves e despois falta por ver a clase teórica.

Tron. Outros datos:
- Utilizamos a animación a contraluz, un xeito de crear efectos visuais sen basearse na luz reflexada. Non usamos acetatos pintados, senón máscaras. A luz ia directamente á cámara e debuxa unha silueta. As cores son moi intensas, polos filtros e a saturación efectiva. A iluminación de contraluz non se utilizaba para crear figuras, senón para dar brillo ás cousas e facer logos. É unha película baseada nos contraluces.
- O ordenador aparece como unha ferramenta poderosa. É a ferramenta central. Foi unha idea que se cumpriu co paso dos anos. Os creadores de Tron tentamos construir un espazo diferente. Ao mellor a xente pensa en may ou algo similar.
- Contactamos con expertos informáticos para desenvolver as distintas técnicas, por exemplo, Alan Kaye, que investigaba o concepto de PC. Daquela xa falaba de facer un ordenador como un maletín, para levalo e enchufalo en calquera biblioteca. Harrison Ellenshaw, que traballara en La Guerra de las Galaxias, era un experto en máscaras como o seu pai Peter Ellenshaw.
- Iluminación a contraluz, pruebas de contraluz en Kodalith. Fotomontaxe a contraluz e gráficos por ordenador
- Rodouse en 35 mm, en branco e negro e logo se fixeron os Kodaltihs.
- Os actores movíanse sobre un fondo negro porque así non se precisaba iluminación. Con fondo branco habería que iluminar todo
- Syd Mead deseñou os tanques, as motos de luz e a nave de Sark
- Jean “Moebius” Giraud deseñou o vestiario e a nave solar. Tamén realizou o guión gráfico.
- Peter Lloyd elaborou as ilustracións, traballando coa aerografía.
- A técnica era ampliar cada fotograma dunha películade 75 minutos en Kodaliths de 35 cm e tratala como se fose unha película animada. As imaxes de acción real convertiamolas en acetatos individuais, non a mano, senón fotografiados. A maior parte fíxose con fotomontaxe de contraluces. Fotografiouse aos actores con traxes brancos sobre fondo negro, e nos traxes pintáronse os circuitos en negro. Fotografiouse todo en branco e negro.
- A película que usamos, a de Hi-Con e a de tono continuo, era unha edición especial que Kodak fixo para nos. Ninguén fixera este tipo de película e nunca se volvería a facer.
- O espazo virtual: escenas de motos de luz, onde os actores se atopan nun entorno dixital, e cando os personases se meten nos tanques, trátase dun espazo no interior dun vehículo deseñado por ordenador. O que facilitou a combinación destos elementos foi que os fondos para a fotomontaxe de contraluz parecían estar deseñados por ordenador. 15-20 minutos.
- Catro empresas traballaron na película: Magi/Synthavision; Information International; Rober Abel &Ass. e Digital Effects (está última fixo o logotipo do comezo da película e o bit)
- Os vehículos, as escenas de naves voando, as motos de luz, as escenas do CCP (Control Central de Programas), todo está informatizado, pero sen Photoshop.
- No plató, totalmente negro, dispúñase de vídeoxogos para o equipo da película.
- “Fin da impresión”

TRABALLO:
Neste ano cúmprese o 25 aniversario do estreno da película, tendes que facer algún infográfico vencellado coa animación, coa película, coa historia, coas formas de animación, coas saídas comerciais da animación...

Un enderezo:
http://mark.com.mx/infografia.html

Anónimo dijo...

Faltan algunhas bitacoras dos vosos compañeiros. Están na última folla de calendario de debates entregada.

Anónimo dijo...

Lembrade que o martes día 11 non hai clase, daí que pasaramos as clases para o día 10.
mol

Anónimo dijo...

aquí deixo o seguinte enderezo para que o revisedes
http://www.nytimes.com/interactive/2007/11/15/us/politics/20071115_DEBATE_GRAPHIC.html